Estas en >> Inicio :: Delegación Alumnos EUP :: Ver Noticia
 
 Becas de colaboración en Departamentos para estudiantes de Grado
 Fecha de publicación:10-08-2012 
   

RESUMO CONVOCATORIA BOLSAS-COLABORACIÓN

CURSO 2012-2013

No  BOE do día 9 de agosto de 2012 (BOE núm. 180) publícase a convocatoria de bolsas-colaboración  para o curso 2012-2013.

A Universidade da Coruña (UDC) correspóndenlle  52 bolsas.

Solicitudes, documentación e prazo de presentación:

A solicitude deberá cumprimentarse mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a “Trámites e Servizos”.

Logo de cumprimentada a solicitude telemática, se o solicitante se pode identificar mediante calquera dos sistemas de sinatura aceptadas pola sede electrónica, poderá completar o proceso electrónico de presentación de solicitude co proxecto de colaboración avaliado polo departamento en formato informático ata o 25 de setembro de 2012.

Se o solicitante non dispón de sistema de sinatura aceptado pola sede electrónica, unha vez cumprimentada a solicitude vía telemática, deberá imprimir e completala plantilla facilitada pola aplicación informática para achegar a sinatura da súa solicitude de bolsa xunto cun esquema do proxecto de colaboración avaliado polo departamento e enviala a través da páxina web, mediante imaxe lexible ata o 25 de setembro de 2012 incluído.

 

¿Quen pode obter esta bolsa?

O alumnado universitario de Grao ou de segundo ciclo que, o prazo de remate de presentación de solicitudes reúna os seguintes requisitos:

            a) Non estar en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de Licenciado/a Enxeñeiro/a, Arquitecto/a, Graduado/a  ou Máster oficial

            b) Ter superado todo o primeiro ciclo e polo menos o 45% dos créditos que integran o segundo ciclo, agás o estudantado de Medicina que deberá ter superado o 60%. No caso do estudantado de Grao ten que estar cursando os últimos créditos para completar os requisitos para a obtención do título e ter superados 180 créditos.

c) Estar matriculado no curso 2012-2013 en ensinanza oficial na totalidade dos créditos ou materias que lle resten para rematar os seus estudos
            d) Ter como nota media dos créditos superados a que se sinala para cada unha das ramas de titulacións universitarias oficiais:

Rama de Enxeñaría e Arquitectura e ensinanzas técnicas: 6,00

Rama de Ciencias e CC da Saúde ou Ciencias Experimentais e Ciencias da  Saúde: 7,00

Rama de Ciencias Xurídicas e  Sociais e Artes e  Humanidades ou Humanidades: 7,50

 

Así mesmo, poderán obter esta bolsa os estudantes de primeiro curso dun mestado oficial, que ó prazo de remate de presentación de solicitudes reúna os seguintes requisitos:

a)    Non estar en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de mestrado oficial.

b)    Estar matriculado en 2012.2013 en ensinanza oficial da totalidade das materias ou créditos de primeiro curso de mestrado

c)    Ter unha nota media de 6,00; 7,00; ou 7,50 puntos no expediente académico correspondente aos estudos universitarios que lle dan acceso ao mestrado en función da rama de coñecemento de procedencia.

 

Os requisitos anteriormente mencionados que non figuren no expediente do solicitante na data na que remata o prazo de presentación de solicitudes non serán tidos en conta para os efectos da súa valoración para  a concesión da bolsa.

Contía da bolsa: 2.700 euros. Nesta  cantidade vai incluído o importe dos prezos públicos por servizos académicos.

Esta bolsa terase por unha soa vez e nun único curso académico e é compatible coas bolsas de carácter xeral  e de mobilidade para o curso 2012-2013. 

Sección: ACTUALIDAD DELEGACIóN  ||  Autor: Delegación de alumnos EUP
Si te ha gustado...   |   | EVERNOTE  Clip to Evernote  |  Guárdalo en DELICIOUS  
 Información Relacionada
Enlaces relacionados:
Ninguno