Estas en >> Inicio :: Delegación Alumnos EUP :: Ver Noticia
 
 Sesión ordinaria do claustro da UDC do dia 30 de abril de 2013
 Fecha de publicación:30-04-2013 
   A Intervención dos alumnos da EUP foi a seguinte. 

Bos días

Eu, Roberto Murados Rodríguez, en representación dos alumnos da Escola Universitaria Politécnica, quero poñer de manifesto aquelas carencias que fan que a nosa Escola, non estean no mesmo rango que todas as escolas ou facultades da Universidade da Coruña.

 

Para iso quero dicir de ante man e de forma directa, sempre dende o respecto que esta institución se merece, pero intentando reivindicar o que os alumnos e alumnas da nosa escola teñen o mesmo dereitos que os do resto da Universidade da Coruña

 

Nos non queremos que se lle quiten atributos as outras escolas, senón que os nosos medios se equiparen os do resto das facultades. Para iso vou puntualizar aqueles puntos que creemos que deben ter un especial énfase na nosa intervención.

 

-           Os medios de transporte:

 

Neste punto quero mencionar que non contamos con un servizo de autobuses, para os horarios de entrada e salida, que comunique o centro de Ferrol coa Escola, facendo que os alumnos teñan que facer largas camiñatas dende o centro para poder asistir as clases de primeira hora tanto a maña como a tarde. A esas horas a única liña de bus que esta operativa ten a súa parada a mais de 1 km, e o percorrido que hai dende esa parada ata a nosa escola esta sen acondicionar e sen beirarrúas.

Ademais, a frecuencia que existe no resto de horarios é de 1 hora entre un bus e outro. Nos non queremos un servizo de autobuses que pase cada 10 minutos, cada 20 ou cada 30. Pedimos, e case deberiamos exixir, un servizo que se adapte os horarios de entrada e salida dos alumnos, algo básico e imprescindible nunha facultade, independentemente do seu uso.

 

Tamén temos que poñer de manifesto os prezos que existen para acceder os buses, xa que na Coruña o prezo do billete para aqueles alumnos que reciban a axuda de transporte e de 33 céntimos e en Ferrol non existe ese tipo de axudas e o prezo do billete e de 82 céntimos.

 

Nos vemos con bos ollos a política que segue a universidade para que se promova o uso de medios alternativos os medios de locomoción habituais, pero sempre que esteñan o alcance de todos e que non entrañe perigo para ningún alumno ou profesor. Sabemos que hai os aparcadoiros de bicicletas que son propiedade do concello pero o acceso a este servizo esta bastante vetado.

 

-           Aparcamento:

 

Queremos  saber o por que da supresión da partida presupostaria que había para o alquiler do aparcamento de Serantes, ¿isto quere dicir que xa non se pode contar con este aparcamento?

 

 

-           Caixeiros Santander

 

Outro dos nosos puntos reivindicativos e a supresión do caixeiro automático que existía no seu momento na nosa escola, xa que se algún alumno quere facer algunha xestión económica, ten que esperar a saída das clases.

 

-           Unificación das enxeñerías en Ferrol

 

Sábese que hai unha premisa para unificar as enxeñerías nun mesmo campus en Ferrol según as declaracións de diferentes vicerreitores, e según estes sábese que pretenden unificarse en Esteiro. Pero agora queremos saber como vai ser ese traslado, xa que na Escola Universitaria Politécnica  hai 987 alumnos matriculados é na Escola Politécnica Superior hai 996 alumnos matriculados, e segundo estas cifras e co resto de graos que se imparten  no Campus de Esteiro, ¿Que clase de masificación se quere facer en Ferrol? ¿Como se van distribuír o resto de graos no campus de Ferrol, xa que na EPS case non collen os alumnos que hai actualmente? ¿Ten algo que ver isto con que a EUP e o único edificio propiedade da Universidade da Coruña?

Porque non se intenta facer un campus de Enxeñarías en Serantes, xa que nun pasado chegou a albergar cerca de 1500 alumnos sen agobios, e con laboratorios para facer as practicas de enxeñería ben dotados. Non sabemos cal é a fin de que queiran masificar un campus tendo outro en propiedade e ben dotado.

Pero isto anteriormente citado, sobre a unificación das enxeñerías, non pode servir de pretesto para a merma de servizos básicos que esta sufrindo a nosa escola.

 

 

Quero dar aquí fin a miña intervención, pero antes quero dicir que somos unha escola que pertence a UDC e queremos ser igual que o resto de alumnos desta universidade.


A Resposta do reitor foi a seguinte:

Que o traslado das enxeñerias dende o a Escola Universitaria Politécnica era unha realidade, que se estaban facendo as xestions para lograr un edificio no que se poidese albergar as enxeñerias, que non hia ser inminente pero que sempre se apostou por a unificación no Campus de Esteiro de todas as enxeñerias.

O tema do transporte dixo que fora una decisión da empresa concesionaria pola baixada de usuarios nas horas as que pasaban eses buses, pero que se estaba a traballar con unha empresa privada para ofertar un servicio para ese horario. 

o caixeiro do Santander, el pensaba que era un tema xa arranxado, xa que el falara cos responsables e lle dixeran que estaba arranxado, comprometeuse a volver a volver a tratar o tema. 

Estas foron as crudas palabras que nos ofreceu o reitor sobre o futuro da EUP, e decir, que non pensan mover un dedo por a nosa escola. 
Sección: ACTUALIDAD DELEGACIóN  ||  Autor: Delegación de alumnos EUP
Si te ha gustado...   |   | EVERNOTE  Clip to Evernote  |  Guárdalo en DELICIOUS  
 Información Relacionada
Documentos relacionados:
Ninguno

Enlaces relacionados:
Ninguno